• 1 Agosto, 2021

As eivas das medidas anunciadas pola USC

 As eivas das medidas anunciadas pola USC

🎓💬 Hoxe as estudantes da USC espertaron cunha sorpresa. En lugar de dirixirse oficialmente ao estudantado, o reitor Antonio López decidiu declarar nunha entrevista os plans para o que resta de curso: ampliación do calendario académico e exames presenciais. Examinamos unha por unha as eivas da decisión.

🏚️ Non todas as estudantes se poden permitir prolongar o pago do alugueiro, nin tampouco é asequible o desprazamento diario desde as súas residencias familiares.

💸 O alongamento do calendario académico implica renunciar a traballar en verán, condición necesaria para que moitas estudantes poidan continuar na Universidade, e máis coas dificultades económicas que se están apuntando nesta crise.

😷 O virus e seguirá a ser un perigo, e estas medidas poñerán en risco a saúde do estudantado. Ademais, parte do estudantado carecerá dun lugar de estudo axeito debido á improbabilidade de que se habiliten as bibliotecas, un severo foco de contaxio.

⏱️ O reitor fala dunha fórmula mixta e da prevalencia da avaliación continua, pero chega demasiado tarde.

❓ A evolución da pandemia é incerta, e ninguén pode asegurar que os exames presenciais se poidan realizar en xuño.

🗯️ O reitor retrátase a si mesmo recoñecendo que non sabe o que poderá acontecer. A única opción segura e que reduza as desigualdades entre estudantes: a suspensión do curso, superando as materias e sen que computen na nota media.

‼️ Que sentido ten enviar unha enquisa online ás estudantes se xustamente quen non a poden cubrir son quen non dispón de conexión a internet?

As autoridades educativas están intentado evadir a suspensión do curso, rompendo os compromisos que tiñan co estudantado e forzando o establecemento dun novo calendario académico incerto e insostible. Só existe unha solución. #FinDoCursoXa #AsíNonUSC

Publicacións relacionadas