• 1 Agosto, 2021

Os alumnos da UVigo piden a suspensión do curso

 Os alumnos da UVigo piden a suspensión do curso

⚠🎓 A UVigo non está a ter en conta a opinión do estudantado para tomar unha decisión sobre como rematar este frustrado curso!

Ante a falta de información da Reitoría e a incerteza de como pretende esta rematar o curso, unha gran parte das estudantes reivindicamos a suspensión do curso. Esta é a única medida que evitaría que aquelas que dispoñen de menos recursos, que teñen problemas de saúde (física ou mental) ou unha situación familiar ou económica desfavorable sexan discriminadas ou incluso teñan que abandonar os seus estudos.

📰 Esta mañá publicouse unha nova que afirma o rexeitamento da liquidación do curso por parte das estudantes da Universidade de Vigo, mais a reacción destas indica todo o contrario. O alumnado pide respostas rápidas, efectivas e xustas para todas, que reduzan ao mínimo o impacto que esta crise está a ter nas máis desfavorecidas económica ou psicolóxicamente.

‼️ Nun momento de crise sanitaria a Universidade non pode improvisar un sistema de ensino telemático, pois só fai que aumenten as desigualdades socioeconómicas do alumnado. Ante a imposibilidade dunha avaliación con garantías, o estudantado pide a suspensión do curso, por moito que a UVigo e a prensa se empeñen en ignoralo!

#AsíNonUVigo #FinDoCursoXa

Publicacións relacionadas