• 1 Agosto, 2021

Os problemas da proposta da USC

 Os problemas da proposta da USC

‼️ A proposta da USC para o remate do curso é intolerable, do mesmo xeito que as da UDC e a UVigo! Expoñemos aquí por que esta se trata dun parche que non fai máis que abandonar o estudantado á súa sorte.
#AsiNonUSC #AsiNonUnisGalegas #FinDoCursoXa

🗯 A USC segue sen comprender o impacto que a crise sanitaria ten nas alumnas. Semella que a Universidade vive nunha burbulla á marxe da sociedade.

🗣️❌ O alumnado nin participou na proposta, nin recibíu a información necesaria polas canles establecidas, senón mediante vías extraoficiais: entrevistas concedidas a xornais.

👩‍🏫 Apélase á adaptación das guías docentes a unha nova realidade, medida xa acometida na USC e que polo xeral foi un fracaso.

📆 A ampliación do calendario académico implicaría prorrogar os contratos dos alugueiros. Tamén prexudicaría ás estudantes que teñen que traballar durante o verán para pagar as taxas, e agruparía as recuperacións do primeiro e segundo cuadrimestre en menos dun mes.

⚖️ Non se garanten condicións igualitarias nas avaliacións.

📝 Nin a avaliación continua, nin a telemática, teñen en conta a situación de crise que estamos a sufrir.

❌ Ao propoñer as calificacións serán como mínimo a nota media, incórrese nunha chantaxe que vai en contra das estudantes cunha peor situación socioeconómica.

Publicacións relacionadas