• 1 Agosto, 2021

Cadernos de saúde mental

Elaboramos estes cadernos de saúde mental co propósito de ofrecer unha análise explicativa sobre o tema en cuestión, coa intención tamén de reafirmar o noso lema principal: a saúde mental non debería ser nin un estigma nin un privilexio, senón un dereito!

Nestes cadernos analizamos a situación actual respecto ao acceso á saúde mental, cales son os factores socioeconómicos que afectan á mesma e cal é o estado no que se atopa no presente a saúde mental da mocidade. Tamén facemos unha breve anotación de como o xénero funciona como factor decisivo. Ademais, rematamos falando dos fármacos e a estigmatización.

Este marco teórico serve para dar unha maior contextualización á problemática que vimos comentando. Mais, alén das eficientes conceptualizacións que poidamos dar, isto ofrécenos aínda máis motivos para reafirmar a conclusión de que a necesidade dun servizo de atención á saúde mental de calidade e gratuito é máis que urxente!

Podedes descargalos aquí abaixo!

Publicacións relacionadas