• 21 Outubro, 2021

Os problemas da proposta da UVigo

 Os problemas da proposta da UVigo

‼️ A proposta da UVigo para o remate do curso é un parche inaceptable! Explicamos os motivos:

🦠 A UVigo non entende a realidade do estudantado, pensando que pode haber unha “avaliación xusta e acaída” cando as estudantes teñen situacións moi diferentes que lles facilitan ou imposibilitan continuar a súa formación.

👩‍🏫 A UVigo insta ao profesorado a manter a carga de traballo e incentiva a entrega de material didáctico autónomo, diminuíndo o papel das clases e das docentes.

⚖️ A reitoría non garantiza unha avaliación xusta. Pasa ao profesorado a responsabilidade de buscar un medio de avaliación para as estudantes que non teñen os medios necesarios.

🤝❌ A UVigo pretende amosar unha apariencia de consenso sobre a súa xestión da crise, ignorando as mostras de rexeitamento do estudantado e obviando que este non foi consultado sobre as decisións tomadas.

Publicacións relacionadas