• 21 Outubro, 2021

O estudantado da UVigo esixe a #FinDoCursoXa

 O estudantado da UVigo esixe a #FinDoCursoXa

Nós advertímosvos dos perigos de xogar co dereito democrático á folga. Sabemos que estas enquisas vos preocupan, pero se queredes solucionar o enorme descontento dos vosos estudantes non os caledes, falade con eles.

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/estudantado-da-uvigo-prol-dar-rematado-curso/20200418191201095544.html

A UVigo, grazas á representación estudantil, regulou o dereito ao paro académico, como ben se di, nos Estatutos da Universidade de Vigo. É un dereito que nos beneficia a todas, pero non extingue o dereito á folga ao que nos acollemos desde sempre e ao que nos acollemos nesta convocatoria (abonda con ler o documento).

Por máis que quixese o reitor da UVigo, os avances que conseguiron os estudantes son iso: avances. Non son retrocesos. Non significa que, de súpeto, só poidamos exercer o noso dereito á folga da forma en que vos sexa máis cómodo.

O dereito á folga está recollido no Art. 3.14 Regulamento de Estudantes da UVigo: “Liberdade de asociación, sindicación, reunión, manifestación, folga e outros dereitos democráticos”.

Ademais, no Art. 8 da Ley Orgánica 8/1985, de 3 de julio, reguladora del Derecho a la Educación, atopamos que: “las decisiones colectivas que adopten los alumnos […] con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción”.

É ben preocupante e antidemocrático que unha Universidade gaste máis esforzos en deslexitimar unha folga que en preguntarse por que está convocada. Nunca imaxinaramos que as nosas liberdades fosen ser atacadas deste xeito, e menos por parte dunha Universidade pública.

Esta falta de respecto ás vosas estudantes non fai máis que darnos forza. Nunca xamais viramos unha institución pública traballando de xeito tan pouco honesto por botar abaixo unha protesta. Con isto constatamos que de verdade vos molestamos.

Di moito do señor reitor que pense que esta falta grave non lle vai traer consecuencias. Non permitiremos que recortedes os nosos dereitos! Seguimos en folga! #FinDoCursoXa

Publicacións relacionadas