• 21 Outubro, 2021

Vivenda e o inicio do curso

 Vivenda e o inicio do curso

A escasos días do comezo do curso universitario, algunhas das facultades da USC comunicaron o seu protocolo para o desenvolvemento do inicio das aulas. As indicacións por parte dos decanatos (ou a falta de indicacións, en moitos casos) resultaron ser nefastas e pouco prácticas para as estudantes, a 17 de setembro, xa contamos cos contratos dos alugueiros arranxados de cara a pasar o curso nas respectivas cidades universitarias. 

A ausencia de respostas e sobre todo, de antelación, non fai máis que agravar o contexto no que alugamos e as condicións dos pisos que se alugan. Agora moitas estudantes vense “atrapadas” nuns pisos que verdadeiramente non precisan e cuxa carga económica supón un obstáculo máis. 

Por outra parte, ao adaptar os estudos á semipresencialidade cunha gran prevalencia do ensino virtual e sen ter en conta unha organización do mesmo dificultáse a orde e levanos a ter semanas de aulas presenciais-virtuais erraticas. Temos horarios sen sentido, que nos prexudican aínda máis e resultan contraproducentes a nivel seguridade e operatividade. 

A falta de respostas ante as dúbidas que levamos tendo dende finais do curso pasado non é nada novo, as poucas respostas dadas ata o momento son insuficientes e deixan nunha posición de desamparo a moitas estudantes que se ven obrigadas a ceder a devaluación do seu ensino en prol dunha educación virtual e insuficiente, con vistas a satisfacer uns plans de estudo que se basean no reforzo da avaliación continua e da desigualdade de condicións entre as estudantes, así aumenta a competitividade e poténciase o individualismo. Vemos claramente a necesidade de adaptarnos as condicións sanitarias e sociais. Porén, tamén é imperante a adaptación da universidade ás estudantes, que son as que máis sufrimos esta situación e as que peor paradas saímos. 

Por todo isto, dende ANEGA, queremos botar unha man e ofrecer axuda a aquelas que máis o precisen mediante e nosa involucración como intermediarios á hora de solucionar as posibles problemáticas que xordan relacionados coa cuestión, máis que sangrante, da vivenda.

Publicacións relacionadas