• 21 Outubro, 2021

Quen somos?

A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (ANEGA) constituíase en 2016 tras un proceso de Asembleas de Base que pretendían construír unha ferramenta aberta, plural e participativa para aglutinar ao estudantado galego en prol de loitar por un ensino pública e de calidade,

ANEGA é unha ferramenta feminista, que persegue a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres; reivindicativa e combativa, con capacidade real de intervención que busque a unidade do estudantado galego; democrática e popular, pois aspira a organizar ao estudantado no camiño dunha sociedade igualitaria; plural, pois respetamos e facemos respetar a diversidade de opinións; e fraternal, pois para o noso funcionamiento son fundamentais o compañeirismo, a democracia horizontal e o asamblearismo.